Curso de conservas en Corbelle, Pastoriza (SUSPENDIDO)

Do 28 Mar 2020 ao 4 Abr 2020 Axenda

O Concello da Pastoriza continúa coas súas actividades nas parroquias cun curso de conservas que se desenvolverá dos sábados 28 de marzo e 4 de abril entre as 10.00 e as 14.00 horas no local social de San Martiño de Corbelle.

Para o curso hai vinte prazas para adultos pero é necesario realizar a inscrición previa no Concello da Pastoriza ou chamando ao teléfono 982 332 197 e preguntando por Mariluz.