Bonos consumo Vilalba

Invernada de Cine en Cabreiros

Do 24 Out 2020 ao 5 Dec 2020 Axenda

A VIII Invernada de Cine de Cabreiros arrincará o día 24 de outubro e dilatarase ata o 19 de decembro para así dinamizar un ano máis o audiovisual e o rural galego.

Este ano serán na Casa Escola de Cabreiros, e a edición comezará o día 24 de outubro ás 18.30 horas, co documental O empalme. Unha historia rural colectiva. Neste documental pode contemplarse como era o xeito de vida de hai 50 anos dun barrio claramente rual. Estre os aspectos destacables encóntrase o desenvolvemento das actividades agrarias, as profesións de moitos dos seus veciños e as actividades lúdicas comúns no seu vivir diario como a súa íntima relación coa vida laboral e familiar.

O 7 de novembro ás 18.30 haberá O latexo do tempo humano é un documental sobre as comunidades da Idade do Ferro. Este relato nace a partir do estudo das pezas de madeira carbonizadas do Castro de Castromaior en Portomarín realizado por María Martín Seijo. A visión aportada por Lolo de Severiano, Tito Ledo e Lola Tourón sobre aas pezas arqueolóxicas e o traballo artesán é unha valiosa aportación á conservación do patrimonio inmaterial.

O 21 de novembro ás 18.30 será a quenda de desfrutar do filme O que arde de Oliver Laxe, unha aclamada película en diversos festivais e Premio Goya que aborada o problema da desaparición do medio rural e pon Os Ancares no punto de mira do cine.

O 5 de decembro ás 18.30 haberá O país da Moura, un documental etnográfico onde se aborda o mito galego da Moura, e que se da a coñecer dun xeito amenos e didáctico e fai un percorrido por diferentes lugares do territorio galego. É unha viaxe a través da xeografía mítica, natural e arquolóxica de Galicia, e da voz dos antropólogos expertos na temática e, sobre todo, dos veciños.

O 19 de decembro ás 18.30 será o espectáculo musical A fraga do meu avó, de Mamá Cabra, que presentará unha obra chea de carballos, castaños, bidueiros, loureiros e moitas árbores nos que están agochados paxaros e moitas historias.

Dende a organización lembran que haberá aforo limitado para poder garantir as medidas de seguridade e sanitarias derivadas da pandemia da covid-19, e que para acudir será necesario reservar praza ata unha semana antes de cada unha das proxeccións chamando aos teléfonos 686 104 780 ou 606 282 251.

Pódese consultar o programa en pdf aquí