Bonos consumo Vilalba

Obradoiro de prevención da violencia en Vilalba

Do 30 Out 2020 ao 31 Out 2020 Axenda

Este ano serán as mulleres de Vilalba as que decidan a campaña de cara ao mes de novembro con tra a violencia de xénero para o que se farán unhas reunións previas co obxectivo de desenvolver unha acción colectiva.

Estas reunións terán lugar o día 30 de outubro de 19 a 21 horas e o 31 de 9:30 a 13:30 horas na casa da cultura vilalbesa.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse no CIM, chamando ao número 982 523 032 ou enviando un correo electrónico á dirección cim@vilalba.es, indicando nome e apelidos, DNI, idade, teléfono e correo electrónico. As inscricións recibiranse por orde, ata o máximo de 30.

A data límite para a inscrición nesta actividade remata o día 29 de outubro.

Esta acción está subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.