Redescubrindo A Pastoriza

O 31 Out 2020 Axenda

Na sexta xornada do programa de rutas, RedescubrindoLugo, o guía turístico lucense Guido Álvarez escolleu A Pastoriza como protagonista.

O 31 de outubro de 10.30 a 18, realizarán unha ruta por Fonmiñá e o castro de Saa, segiuido de picnic á beira do Miño, na área recreativa de Baltar. Ademais haberá un paseo guiado por Bretoña, o CIN e o Museo de Villapol.

O custe desta actividade é de 12 euros e non está incluído o transporte e a comida polo que será necesario contar con vehículo propio para desprazarse durante a xoranda.

Para inscricións, dúbidas e información haberá que escribir ao correo guidoguiaturismo@gmail.com.