XXIII Máster Nacional de Futbolín de Rábade (SUSPENDIDO)

Do 8 Abr 2020 ao 11 Abr 2020 Axenda

O XXIII Máster Nacional de Futbolín de Rábade terá lugar o 9, 10 e 11 de abril coincidindo, como é tradición, coa festividade da Semana Santa.

No torneo, que reparte uns 10.000 euros en premios, participarán previsiblemente máis de 300 parellas e as incripcións custarán 25 euros por persoa, e pecharán o día 8 ás 14.00 horas.

Como en anteriores edicións, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis e xogarase no pavillón do colexio, e nas cafeterías Papyrus e Os Castro.

O Gran Máster Nacional de Futbolín repartirá un total de 10.000 euros en premios. O maior será o de campión en movemento que este ano estará dotado de 1.400 euros e trofeo, mentres que o de parado recibirá 1.200 euros. O resto de premios, ata un total de 22, oscilarán entre os 700 e os 50 euros.

Ademais os trofeos serán diferentes xa que se elaboran para cada torneo e terán un deseño exclusivo e orixinal.

Tamén contarán co trofeo Alejandro Finisterre, para o xogador máis regular, o trofeo Concellería de Deportes para o mellor xogador, o trofeo Concello de Rábade para a mellor xogadora e o trofeo David García, para o mellor porteiro.

O mércores 8 de abril darase o pistoletazo de saída coa presentación do evento ás 12.00 horas e o sorteo de equipos ás 15.00 horas.

As competicións iniciaranse o xoves 9 a partir das 16.00 horas coa modalidade infantil e de parellas cegas ás 17.30 horas.

O venres 10 será o día adicado ás modalidades en parado e feminina e darán comezo ás 12.00 horas.

O sábado 11 ás 10..30 horas será a quenda da de movemento e as finais serán a partir das 21.00 horas.

PROGRAMACIÓN

A programación do XXIII Gran Master Nacional de Futbolín é a seguinte:

Mércores, 8 de abril:

  • 12.00 horas: Presentación aos medios
  • 14.00 horas: Peche das inscricións
  • 15.00 horas: Sorteo de Equipos

Xoves, 9 de abril:

  • 16.00 horas: Comezo do máster (Modalidade infantil 2003-2020)
  • 17.o0 horas: Sorteo de parellas cegas
  • 17.30 horas: Modalidade Combinada parellas cegas

Venres, 10 de abril:

  • 12.00 horas: Modalidade En parado
  • 12.00: horas: Modalidade Feminina

Sábado, 11 de abril:

  • 10.30 horas: Modalidade En movemento
  • 21.00 horas: Finais
  • 23.00 horas: Entrega de premios e clausura