Tralo éxito do primeiro espectáculo por streaming de Galicia realizado por Culturactiva S. Coop. Galega co Mago Teto, este domingo 17 de maio o colectivo Cultura Activa, no que se atopa o Concello de Vilalba, fará unha programación especial dende as canles de YouTube dos concellos de Soutomaior, Vilalba e Vilariño de Conso.
Cumprindo coas medidas de seguridade, acompañados de 5 cámaras e con realización en directo, ofrecerán os espectáculos As nosas Letras do Mago Teto e Puño, puñete de Baobab Teatro dende as salas baleiras para un público que fica na casa.
Unha programación especial e innovadora pensada para que toda a familia poida gozar do teatro a través das pantallas case como se asistise en directo, mantendo así vivas a cultura e a lingua nestes tempos de confinamento.
En Culturactiva S. Coop. Galega aseguran que “nesta nova situación é imprescindible buscar novos xeitos de programar, por iso o pasado 2 de maio iniciamos a nosa programación por streaming con éxito: máis de 200 persoas conectáronse para ver ao Mago Teto dende o Auditorio Municipal de Vilalba”.
A programación desenvolverase co seguinte programa:
– As Nosas Letras (Mago Teto): 17:00h na canle de Vilariño de Conso (ademais haberá unha repetición ás 22:00h)
– Puño Puñete (Baobab Teatro): 19:30h na canle de Vilalba
-As Nosas Letras (Mago Teto): 19:30h na canle de de Soutomaior