Skip to main content
Actualidade

A Faeira comeza as súas patronais cunha cea popular

Por 26 Setembro, 2019Sin comentarios

A parroquia de A Faeira, nas Pontes, celebra a fin de semana do 4 ao 6 de outubro as súas festas patronais comenzando ese mesmo venres cunha cea popular na que haberá polbo, churrasco, postre e café por 25 euros. Os interesados en apuntarse poden facelo antes do día 2 de outubto no telefono 981 459 039.

O sábado 5 a actividade dará comezo ás 13.00 horas cunha misa solemne seguida dunha sesión vermú a cargo de Trébol. Esta mesma orquestra unirase a Cenema para a gran verbena.

O domingo 6 continuarán as celebracións con misa ás 13.00 horas nesta ocasión cantada pola coral Lembranzas da Tera de Valdoviño. A sesión vermú que virá a continuación, coa orquestra Compostela, porá o punto e final ás festas.

Haberá carpa, bocatería e hinchables.