Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

A liga ACB xa é unha realidade para o Breogán

Por 20 Xuño, 2021Xuño 22nd, 2021Sin comentarios

O Río Breogán impúxose no día de hoxe ao Covirán Granada (57-83) na súa pista e consegue desta maneira volver a soñar ao grande. Así pois, o equipo lucense logra o ascenso nun encontro no que foi moi superior e no que mereceu a vitoria.

A vindeira tempada o equipo lucense xogará na primeira división do baloncesto español con algún dos mellores equipos de Europa tan só dous anos despois de descender. A atípica tempada non foi quen de destruír os soños do Breogán que venceu a un Granada que non estivo ao seu mellor nivel.

Con isto, o Breogán logrou gañar na terceira eliminatoria ao Covirán Granada nun encontro que dominou de principio a fin. Así pois, no descanso, o equipo de Lugo tiña o partido baixo control grazas á intensidade e ao acerto que non conseguira no primeiro partido da eliminatoria contra o Granada no que se viron máis sombras ca luces.

Os de Diego Epifanio conseguen, desta maneira, voltar á tan desexada liga ACB na que xa competiu durante 18 tempadas en catro etapas diferentes, a última no ano 2018/2019.