Skip to main content
Axenda CaducadaGuitiriz

Actuación de Falcatrueiros este domingo en Guitiriz

Por 12 Novembro, 2022Sin comentarios

O circuíto de teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo programou para esta fin de semana unha decena de representacións en diferentes concellos.

Unha desas actuacións terá lugar este domingo, ás 17.30 horas na Casa Habanera de Guitiriz. Será a de Falcatrueiros, coa obra Clowncertazo, unha comedia para todos os públicos.

Trátase dunha historia de sete músicos, ou sete clowns… ou sete… sete que? Sete que van dar o concerto da súa vida, un concerto moi importante, ante un público esixente que non quita ollo ante tal espectáculo, e todo ten que saír á perfección. Serán capaces? Parece doado, ou non? Quizais non sexa tan sinxelo preparar un concerto, quizais se poida complicar, quizais empecen a xurdir problemas, quizais, quizais, quizais…