Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Aforo completo na xornada sobre o castiñeiro de Outeiro de Rei

Por 17 Setembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei colabora con Campo Lab na celebración da I Xornada do castiñeiro produtor de castaña, que terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei o sábado 1 de outubro a partir das 9:30 horas e ata as 20:30.

As inscricións para participar nesta xornada formativa, que é gratuíta, xa están pechadas debido a que se cubriu xa todo o aforo dispoñible, que era de 125 persoas.

Nesta xornada abordaranse, entre outros temas, o tratamento e manexo de soutos, a tolerancia das plantas de castaño a enfermidades como o chancro e a avispilla, experiencias de I+D+i na conservación e xestión do castaño no Bierzo ou a adaptación dos soutos ao cambio climático.