Skip to main content
Monterroso

Alumnos de 1° da ESO do IES de Monterroso elaboraron o cartel local do 25N

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monterroso difunde unha campaña contra a violencia de xénero baixo o lema ‘O futuro necesítanos libres. Monterroso contra a violencia’.

O cartel que protagoniza esta iniciativa foi elaborado polo alumnado de 1° da ESO do IES de Monterroso e vaise colocar en todos os espazos públicos municipais, así como en todos os comercios e establecementos da vila.

A campaña que promove o Concello de Monterroso está confianciada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Trátase, segundo explican desde o equipo de Goberno, de seguir visibilizando a importancia deste tipo de iniciativas que pretenden concienciar desde todos os ámbitos sociais.