Skip to main content
Castro de Rei TERRACHÁXA

Amigos da Feira celebra o domingo a súa asemblea anual

Por 14 Decembro, 2022Sin comentarios

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei celebra este domingo, 18 de decembro, a súa asemblea anual, tal e como vén sucedendo todos os anos a finais de ano.

Durante esta reunión a directiva fará un balance do estado de contas e proxectos, así como dos plans previstos para o ano que comeza.

Dentro da orde do día figura tamén unha actualización da xunta directiva para finaliar cun tempo de rogos e preguntas.

A reunión terá lugar ás 18.00. horas no teleclub de Castro de Rei.