Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Amigus Lab organiza nas Pontes un curso sobre Hackathón

Por 25 Setembro, 2022Outubro 1st, 2022Sin comentarios

O colectivo Amigus Lab organiza o próximo sábado un curso de Hackathón de deseño e produción de circuítos electrónicos. Terá lugar de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas na sede do grupo.

Neste hackathón aprenderanse a deseñar as PCB co software libre KiCad, partindo do esquema ao deseño do circuíto para compoñentes THD e SMD.

Unha vez que está o PCB deseñado, verase como xerar os ficheiros para crear as placas, os ficheiros Gerbers para enviar a fabricar, ou SVG para fabricar en local cunha CNC.

Usando Gimp xerarán os PNG necesarios para fresarlo na PCB, ou os negativos para facer a PCB con outros medios.

Unha vez teñan a PCB fresada, aprenderán a soldar compoñentes SMD, usando PCB e os compoñentes que serán proporcionados a cada participante do Hackathon.

Unha vez soldada a placa e revisada que este todo correctamente pasarase a programar o microcontrolador mediante Arduino.

Ao final do día cada participante terá a habilidade de crear as súas propias PCB e programar as súas microcontroladores, un punto de partida para facer prototipos funcionais a baixo custo.

Cada alumno debe traer o seu computador PC/Mac/Linux co software instalado de KiCad 6.x, Gimp, GSender e Arduino. Proporcionarase en caso de non telo instalado acceso a internet para descargalos e memoria USB co instalador do software.

A Asociación Informática Amigus proporcionará todolos compoñentes e materiais para realizar o obradoiro.

O hackathón é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.