Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes acolle unha concentración de escolas de rugby de toda Galicia

Por 22 Novembro, 2022Sin comentarios

Este domingo será día de rugby nas Pontes coa celebración da II Concentración de Escolas de rugby, organizada pola FGR e o club local Fendetestas.

No mes de maio organizaron por primeira vez unha concentración, na que participaron os clubs do norte. Pero desta vez asumiron o reto de organizar un evento a nivel galego, con visita de todas as escolas de rugby.

Así está prevista a participación de 387 nenos e nenas de 14 clubes galegos polo que haberá un total de 70 partidos entre as distintas categorías.

A cita será ás 11.00 horas nas instalacións deportivas do Poboado.