Skip to main content
Cultura AMARIÑAXARibadeo

Asociación Bio Eo: “O colectivo naceu para loitar pola conservación e rexeneración da ría”

Por 9 Novembro, 2023Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

Fai apenas un mes anunciouse a construción dun dique no porto de Figueiras, na ría de Ribadeo. Un dique que segundo moitos veciños suporía a “eliminación do seu peirao tradicional, co obxectivo de habilitar unhas decenas máis de amarres, principalmente para usuarios non residentes nin veraneantes en Figueiras”.

Cando e como nace Asociación Bio Eo?

A Asociación Bio Eo naceu apenas hai un mes e medio.

Con que motivación xorde?

A faísca foi o anuncio de que se ía a construír un dique en Figueiras, que supoñería a privatización do porto por parte do Club Náutico da localidade, que é privado, e a conseguinte elevación dun muro que impediría contemplar a ría desde o peirao. Pero é moito máis, pois Bio Eo naceu para loitar pola conservación e rexeneración da ría, xa moi danada polas obras realizadas nela desde os inicios dos anos 80 ata os nosos días.

Que obxectivos ten?

O noso obxectivo principal é o de esixir aos nosos gobernantes, municipais, autonómicos, nacionais e europeos, que cumpran coa súa obrigación de protexer a biodiversidade na ría, así como a súa limpeza de restos de cultivos mariños, e impedir calquera vertedura doméstica, industrial e agrícola. E que se cumpra con todas as figuras de protección das que goza a ría e que, entre outras moitas cousas, prohibe calquera obra civil no seu interior.

Quen a conforma Bio Eo?

Somos veciños de Figueiras, residentes. Arquitectos, avogados, escritores, traballadores, amas de casa… Todos cunha forte vocación ecoloxista.

Cal é la problemática do dique?

Por exemplo, que no informe no que se basea, e que coñecemos fai menos de dous meses, está cheo de imprecisións, e mesmo, aínda que sexa forte dicilo, está cheo de falsidades. Por exemplo, que el tesón (banco de area) non se moveu nos últimos anos, nin se moverá, e que o dique de 180 metros de ancho e 40.000 toneladas de pedra, no alterará as correntes e a sedimentación.

Que impacto tería?

O peor é que es imprevisible. Mesmo podería facer que o estaleiro vise perigar a súa propia existencia se o tesón ocupa os seus fondos, obrigando a dragaxes moi sucesivas que, a súa vez, prexudicarían os cultivos mariños, e farían máis crítica a supervivencia das súas especies mariñas e aves. Ademais de supoñer a demolición do pouco que queda do seu porto tradicional e a privatización do mesmo.

Tamén sería un grave atentado contra a ría cun enorme impacto medioambiental, nun espazo xa duramente golpeado, violando todas as súas figuras de protección: Zona ZEPA, Convenio de Humedales Ramsar, Reserva de la Biosfera, Zona Especial de Conservación Río Eo, Zona de Especial Protección para las Aves, e Reserva Natural Parcial de la Ría del Eo, Rede Natura 2000…

Que lles di o Goberno local?

Din que o solicitou el Club Náutico para protexer as embarcacións, a inmensa maioría de recreo, e moitas de propietarios que nin sequera teñen a primeira ou a segunda residencia en Figueiras, con o apoio dalgunhas asociacións do pobo. Pero nós pensamos que esas asociacións no calcularon os efectos, nin coñecían a letra pequena, tan confusa, do proxecto.

Cren que servirá para abrigar as embarcacións ou tal vez ten outro fin?

Desde logo que abrigará, pero cremos que bastaría con mellorar o dique flotante do que xa dispón o recinto, e de momento conservalo ben e reparalo. Os danos sufridos no último temporal, cremos que se deben, sobre todo, a esa mala conservación.

É raro que o Principado, que nun principio se opuxo ao dique de Ribadeo, promova este e no seu propio territorio. Cales cren que son os motivos?

Seguramente un deseño económico para Asturias que pon o turismo por diante de todo.

Farán mobilizacións ou protestas?

Si, estamos a preparar unha concentración para o 9 de decembro, á que imos convidar a todos os veciños da ribeira de Ribadeo, Vegadeo, Castropol e Figueras que queiran, como nós, salvar a ría. Convocamos tamén a Greenpeace e á Coordinadora Ecoloxista de Asturias.

Que accións futuras teñen en mente poñer en marcha?

Todas as que sexan necesarias. Estamos a recoller firmas, e en pouco máis de dúas semanas xa conseguimos unhas trescentas de residentes, e máis de 3.000 de fóra. E queremos dialogar co Concello, co Náutico e as demais asociacións, para acordar unha solución que no divida á veciñanza e no sexa tan lesiva para o porto e o pobo, así como para o seu tecido industrial, a súa vida e a súa convivencia.