Skip to main content
Lugo

Benestar Social organiza unha nova saída cultural a Sargadelos

Por 10 Xaneiro, 2023Sin comentarios

A Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores oferta unha nova viaxe cultural enmarcada na Programación de Animación Sociocultural ao complexo histórico e artístico de Sargadelos e tamén á vila de Viveiro.

Así o deu a coñecer a concelleira, Olga López Racamonde, quen anunciou que a saída terá lugar o venres, 27 de xaneiro. A xornada arrincará ás 09.30 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 20.30 horas.

As e os veciños que participen nesta excursión municipal visitarán a Real Fábrica e o Museo Histórico de Sargadelos, e posteriormente viaxarán ata a vila de Viveiro. A entrada ao complexo histórico-artístico corrrerá a cargo do Concello e o xantar, a cargo das persoas participantes.

Esta primeira saída cultural do ano está pensada, unha vez máis,como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero mantense aberta a toda a veciñanza.

A cidadanía interesada en asistir poderá apuntarse dos días 16 ao 20 de xaneiro, ou ata completar a capacidade do autobús, nos centros de convivencia Maruja Mallo ou Uxío Novoneyra, en horario das 10.00 ás 13.00 h. Deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603.