Skip to main content
AbadínActualidade

Biciclistas celebraron as Letras Galegas en Abadín

Por 19 Maio, 2018Sin comentarios

Medio centenar de biciclistas celebraron as Letras Galegas en Abadín. A oitava edición desta festa destacou pola presenza de Isidro Nozal, exciclista profesional que militou en equipos como a Once, Astana e Xacobeo Galicia entre outros.
Na metade do percorrido, os participantes enfrentáronse ao Desafío casa Goas, unha costa cunha pendente media de máis do 12%, que poucos participantes conseguiron superar. Para recuperarse deste esforzo realizouse un avituallamento no novo albergue O’Xistral.

A actividade rematou cun xantar en Abadín.

Esta actividade, xunto coa iniciación á orientación levada a cabo recentemente en Guitiriz, pechan as actividades do mes de maio.

O 23 de xuño está prevista unha nova edición da ruta solidaria en familia no Concello de Xermade.