Skip to main content
Vilalba

Boizán celebra a fin de semana as festas de San Antón

Por 22 Xaneiro, 2024Sin comentarios

A localidade vilalbesa de Boizán, celebra a fin de semana as súas festas na honra a San Antón. Estas darán comezo o sábado ás 13.30 horas coa misa solemne, seguida de procesión e a sesión vermú, que estará a cargo do grupo D’Cano.

Este mesmo actuará pola noite na verbena xunto ao dúo Charada.

Repetirase sesión relixiosa o domingo á mesma hora e unha nova actuación do dúo Charada porá o punto e final ás festas cunha sesión vermú.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.