Skip to main content
Breves

Bolsas da Deputación para deportistas individuais

Por 27 Outubro, 2017Sin comentarios

O Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno deste venres 27 de outubro unha nova convocatoria de axudas para deportistas individuais da provincia por valor de 75.000 euros.

Son axudas de concorrencia competitiva de entre 300 a 1.500 euros. Inclúe unha liña específica para persoas con capacidades diferentes. Para a súa concesión, premiarase o esforzo competitivo, valorarase positivamente os resultados acadados.

O prazo de solicitude abrirase trala súa publicación no BOP nas vindeiras semanas.