Skip to main content
Guitiriz

Buriz celebrará o sábado unha cea baile

Por 28 Febreiro, 2023Sin comentarios

A localidade guitiricense de Buriz celebra este sábado, 4 de marzo, unha cea baile, no restaurante La Casilla.

Esta consistirá nunha cea a base de langostinos á prancha, tenreira asada con patacas e ensalada, milfollas, viño, cervexa, auga, refrescos, café e chupito que terá un prezo de 35 euros para público en xeral e 15 para nenos ata 12 anos.

Durante a noite haberá unha actuación musical pa cargo da disco móbil Model Music.

As persoas interesadas en asistir deberán anotarse antes do 1 de marzo cos membros da comisión, no restaurante Merendero, a droguería Cheno e no propio restaurante.