Skip to main content
Sarria

‘Cita previa’, a obra para adultos de Rubuldeira Teatro que terá lugar esta tarde en Sarria

Por 17 Setembro, 2023Sin comentarios

Esta tarde, ás 20.00 horas, o grupo teatral Rebuldeira Teatro representará a súa obra ‘Cita previa’, un evento no que reproducirán diferentes momentos e historias “disparatadas” nas consultas médicas.

A obra terá lugar na Casa da Cultura de Sarria e está dirixida a público adulto, xa que será unha obra cómica con situacións que os máis pequenos non poderán entender.

O director da obra é Carlos Rebolo e con el o equipo de teatreiros farán dunha tarde de domingo un momento de diversión.