Skip to main content
Lugo

Concello de Lugo e Aspace traballan na creación dun centro de atención da parálise cerebral

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

A concelleira de Cohesión Social, Ana González Abelleira mantivo un encontro coa Federación de Aspace Galicia no que, entre outros asuntos, abordou coa xunta directiva desta entidade a necesidade de que o colectivo dispoña dun local axeitado que reúna as condicións para ser un Centro de Día e poder, así, ampliar a súa atención a máis persoas e familias de toda a provincia de Lugo.

Pola súa parte, a tenente de alcaldesa incidiu na vontade de colaboración do Concello e tendeu, novamente, a man da Administración local para seguir traballando conxuntamente amosando o seu total apoio ao obxectivo de acadar a posta en marcha na cidade dun Centro de Atención Integral á Parálise Cerebral e Trastorno Motoro.