Skip to main content
Lugo

Conta atrás para a apertura das piscinas exteriores de Frigsa, en Lugo

Por 28 Xuño, 2022Xullo 7th, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo, a través da concellería de Deportes, que dirixe Mauricio Repetto, informa que as piscinas municipais exteriores de Frigsa abrirán ao público este venres, 1 de xullo, ata o día 31 de agosto. A apertura será de luns a venres, de 12.00 a 20.30 horas e, de 12.00 a 20.00 horas, os sábados e os domingos, en horario continuo.

A instalación disporá dun mínimo de dous socorristas que atenderán en todos os horarios, que ascenderán a tres nas horas de máxima afluencia para maior seguridade de todos os bañistas.

O concelleiro de Deportes avanzou que se manteñen os prezos de tempadas anteriores, que serán de 1 euro para a mocidade ate os 15 anos (10’80 € o abono de 15 baños); de 2’20 euros para adultos, maiores de 16 anos, (22’30 € o custo do abono), e de 11’10 euros para pensionistas e para familias a partir de tres membros, 29,90 euros (o abono de 15 baños) e 59,10 € (o abono de 30 baños).

As instalacións están compostas por tres vasos de diferentes medidas e profundidades adaptados as diferentes idades. O plato sen profundidade, para menores de 3 anos e con capacidade para 14 usuarios; a piscina mediana, cunha profundidade máxima de 1,30 metros, para rapaces de entre 4 e 12 anos de idade; e a piscina profunda, de 8 rúas de 25 metros de longo e cunha profundidade mínima de 1,20 e máxima 2,50 metros, onde é obrigatorio saber nadar.

Por outra banda, Repetto lembrou que “o Concello mantén ao longo de todo o ano, tamén en verán, unha piscina climatizada aberta”. En xullo será a de Frigsa, e en agosto os bañistas poderán utilizar a de As Pedreiras.

Así, a piscina de Frigsa abrirá o mes de xullo de luns a venres de 07.00 a 22.30 horas, os sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e os domingos de 10.00 a 14.00 horas. Pola súa parte, o mes de agosto as piscinas das Pedreiras abrirán de luns a venres de 08.00 a 22.30 horas de forma ininterrompida. Os sábados entre as 10.00 e as 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, e os domingos, entre as 10.00 a 14.00 horas.