Skip to main content
Foz

Cortada a N-642, no acceso a Burela desde Foz, por un afundimento

Por 21 Xaneiro, 2023Xaneiro 23rd, 2023Sin comentarios

O Mitma vén de desviar provisionalmente o tráfico da estrada N-642 como resposta ao corte executado entre os puntos quilométricos 41 a 47, desde Cangas en Foz ata o enlace do Hospital da costa en Burela, por motivos de seguridade.

O corte total responde ao embalsamento de auga, derivado dos últimos episodios de intensas choivas, na marxe esquerda da estrada a aparición de fendas e un socavón, o punto quilométrico 42.3, coincidindo cun dos enlaces de acceso a Burela.

AS ALTERNATIVAS

Desde Cangas a ruta recomendada pasa polas estradas LU-162 hacia Ferreira do Valadouro, e Lu-P-1502, en sentido Burela. Alternativamente, desde la LU-162 en Ferreira o itinerareo poderá seguir pola LU-161 e a LU-540 ata Viveiro para incorporarse novamente á N-642 a través da CG-2.3 en Xove.

Xa se está traballando na zona con medio materiais e humanos e estanse barallando distintas solucións ao problema.

TREN

A este corte sumouse a suspensión da circulación ferroviaria por “perigo de desprendemento” da estrada cortada, que discorre en paralelo á vía do tren.

Así, Adif informou que nestes momentos atópase suspendida a circulación entre Burela e Ribadeo (Liña de ancho métrico Oviedo-Ferrol) por “perigo de desprendemento por derrube de estrada próxima á vía”.

PASO ATA O HOSPITAL

As autoridades habilitaron un paso de urxencia para que as ambulancias podan chegar ao Hospital Público da Mariña de Burela desde Foz. Trátase dunha pista que discorre polas inmediacións da praia de Areoura.