Skip to main content
Ribadeo

Degustacións, conversas con produtores e música na xornada de exaltación do pemento de Piñeira en Ribadeo

Por 9 Outubro, 2023Sin comentarios

O Mercado dos Domingos en Ribadeo ofreceu esta fin de semana unha animada xornada de exaltación do pemento de Piñeira.

No encontro houbo Conversas na cortiña coas produtoras e produtores; unha mostra degustación do pemento de Piñeira a cargo de Mar Orosa, cociñeira do restaurante El Oviedo; e un concerto con Paraíso Canto.

O bo tempo acompañou nun domingo no que ducias de persoas se achegaron tamén á contorna da praza de abastos para poder saborear o pemento de Piñeira. Esta degustación tivo lugar nos catro locais hostaleiros, que ofreceron ao longo da mañá pequenas tapas preparadas con este prato da horta ribadense.

Ademais, os asistentes puideron aproveitar a xornada para mercar produtos de proximidade e de gran calidade nos distintos postos instalados como cada semana no Mercado dos Domingos. A edición deste ano 2023 rematará o vindeiro domingo 15 de outubro.