Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Duancos acolle este sábado a V edición da Ruta Cabalar

Por 27 Outubro, 2023Sin comentarios

A parroquia de Duancos, en Castro de Rei, acolle este sábado a quinta edición da Ruta Cabalar, que dará comezo ás 10.30 horas coa saída desde o Val dos Soños. Haberá almorzo antes da saída e parada con pinchos á metade do percorrido para repoñer forzas.

Esta actividade terá a súa conclusión ás 14.00 horas tamén no Val dos Soños, onde se fará un xantar. Para participar nesta comida non é necesario facer a ruta pero si estar anotado.

Tamén haberá sorteos, agasallos e música con Verónica Cambón.

A organización lembra que esta ruta non é unha competición, é un paseo a cabalo polo que cada participante deberá responsabilizarse dos danos que poida ocasionar a súa montura.