Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

Edelmiro Méndez presenta o seu libro ‘Da terra que fomos’ na Pontenova

Por 21 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

Edelmiro Méndez presenta o seu novo libro ‘Da terra que fomos’ na Pontenova. O acto terá lugar o venres 27 de outubro ás 20.30 horas no auditorio da Casa da Cultura do Concello.

A obra contén 226 fotografías, das que 219 son en branco e negro, e que foron tomadas entre 1957 e 1964 no Concello. Estas acaban por conformar un conxunto de gran valor histórico, etnográfico e documental que representa a sociedade local tradicional.

A través dunha mirada limpa e ordenada, os suxeitos transcenden o obxectivo da cámara amosando unha profunda complicidade co fotógrafo, con quen mantiñan unha relación motivada pola empatía e por ter exercido anteriormente como zapateiro e gaiteiro.