Skip to main content
Lugo

Elena Candia acusa ao Concello de Lugo de paralizar proxectos “pola súa falta de xestión”

Por 9 Febreiro, 2024Sin comentarios

A voceira do grupo municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, vén de presentar nun boletín para clarificar as “medias verdades” do PSOE e do BNG con proxectos bloqueados “pola súa falta de xestión”. No boletín analízanse as herdanzas que deixou o Goberno de Lugo cun apartado específico para este proxecto de unir as dúas rotondas en Serra de Meira. Os populares explican que en 2020 se anunciou un acordo a dúas bandas entre Concello e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que está sen materializar por falta de acordo. Por outra banda, a voceira popular matizou que outra proba desta parálise no Plan Paradai é que o propio Boletín Oficial do Estado publicou o 11 de xaneiro a addnda deste convenio que certifica que en 2023 se investiron cero euros para este proxecto e que foi un ano perdido.

Elena Candia explica que a constante confrontación dos socialistas coa Xunta de Galicia prexudicou a Lugo, xa que esta actitude “levounos a perder investimentos doutras administracións e a ter proxectos que hoxe podían estar xa feitos, pero que na realidade seguen paralizados”. Precisamente neste número do boletín popular ponse o foco nas reivindicacións feitas á Xunta de Galicia e que frutificaron con éxito, conseguindo que “Lugo sexa sede dunha competición mundial; o impulso do CIS da Residencia; a implicación no desbloqueo do PXOM, as alternativas para impulsar a construción da nova comisaría, a creación do primeiro centro de saúde para persoas con trastorno de autismo e, no eido da mobilidade, o aparcamento de 150 prazas na avenida de Breogán.

Pídenlle a Alvarellos un cambio de actitude

Os populares tamén analizan o legado de Lara Méndez, facendo balance “da herdanza de quen chegou á alcaldía sen querer esa responsabilidade e que en canto puido fuxiu e renunciou a ela”, ao tempo que lle piden a Alvarellos un cambio de actitude para que Lugo non perda máis oportunidades. O contido da publicación incorpora diferentes artigos nos que se explican as propostas do Grupo Municipal para mellorar os orzamentos.

“O PSOE e o PP deseñáronos para consolidar o seu pacto de goberno sen pensar nas necesidades da veciñanza”.  A contraportada resume os compromisos dos que Lugo se beneficiará cando Rueda alcance a maioría absoluta, entre os que destaca a “creación dun centro para persoas con enfermidade de Alzhéimer no antiguo hospital de Calde”, entre outras.

En definitiva, a voceira do Grupo Municipal do Partido Popular advertiu á sociedade luguesa do moito que, como Concello, “nos xogamos este 18 de febreiro, como avalan as páxinas deste documento”. Nese senso, sinalou que para Lugo sería unha moi mala nova que se contaxiase a un goberno autonómico o modelo de parálise, confrontación e bloqueo municipal PSOE-BNG”.