Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Empregados de Alcoa protestan cortando unha estrada en Xove

Por 17 Outubro, 2020Sin comentarios

Empregados da planta cervense de Alcoa cortaron este sábado pola mañá a estrada LU-862 durante as súas protestas para esixir ás administracións unha solución que garanta a produción e o mantemento do emprego.

Así, os veciños e os traballadores que actualmente atópanse nunha folga indefinida, cortaron a estrada con barricadas de pneumáticos ardendo, como xa fixeron noutras ocasións.

A estrada LU-862 quedou cortada no lugar de O Cruceiro, no Concello de Xove, zona na que se asenta unha parte do complexo industrial de Alcoa.

Nesta protesta escoitaronse as consignas xa coñecidas na loita destes traballadores, como “Álvaro Dourado, primeiro ti ao paro”, “A solución, unha intervención”, “ Enerxía, solución, “Onde está o estatuto, o estatuto onde está”, “A Mariña sálvase, loitando” ou “ Fóra yankis, cuadrilla de mangantes”.