Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Esencial, de Vaivén Circo, nova actuación dentro do programa Tarde Tardiña

Por 2 Agosto, 2022Agosto 4th, 2022Sin comentarios

Este xove día 4 continúa a programción de Tarde Tardiña co espectáculo Esencial do grupo Vaivén Circo. Gañadora do premio Paca 2019 ó mellor espectáculo de circo troupe e a mellor composición musical, a actuación terá lugar ás 18:00 na Praza Maior cunha entrada libre e recomendada a partir de tres anos.

Esencial é un espectáculo que fala de transicións. Cinco personaxes que xogan, que soñan, unha viaxe de aventuras que nos levará a lugares recónditos nos que a decisión vital será tomar o camiño mais simple. Cunha posta en escena inspirada no Arcoiris Waldorf . Vaivén Circo tráenos un xoguete composto por polares e arcos, unha escenografía con tintes poéticos, idónea para crear un ambiente máxico no que traballar co equilibrio, con finas diferenzas que poden propiciar que se pase do caos á armonía nuns segundos.