Skip to main content
O Saviñao

Exposición colectiva galego-portuguesa no Círculo Saviñao

Por 20 Xullo, 2021Xullo 21st, 2021Sin comentarios

O Círculo Saviñao ofrece unha exposición colectiva galego-portuguesa para poder disfrutar e aprender sobre ambas culturas e sobre o que as une. Así pois, a exposición estará do 24 de xullo ao 4 de setembro para que todos aqueles e aquelas que o desexen poidan ir contemplala e pasar un rato agradable, así coma educativo.

A inauguración levarase a cabo o día 24 de xullo ás 13 horas no Círculo Saviñao -en Escairón- e está organizada pola Associaçao da Amizade e das Artes Galego Portuguesa, tendo coma invitados a Concelçao Ruiva, Dolores Guerrero, Jaime Azedo, Carmen Prado, Alice Piloto e Miguel Pereiro, entre moitos outros.

Ademais, ese mesmo día ás oito da tarde celebrarase un concerto na terraza do Círculo Saviñao. Os encargados de amenizar a tarde con música e bo ambiente será Pequeña gran compañía, un grupo que ofrece unha performance onde se integra música, imaxe, humor e son.