Skip to main content
Abadín

Fanoi, en Abadín, celebra as súas patronais

Por 18 Maio, 2023Sin comentarios

A localidade de Fanoi, en Abadín, celebra esta fin de semana as súas festas patronais, que se desenvolverán na honra á Virxe dos Milagres.

Estas arrancarán ás 13.30 horas coa celebración da misa, á que seguirá a procesión e a sesión vermú co grupo La Bamba., que tamén actuará na verbena, e que está recoñecido como o grupo revelación do 2023 coa xira Seven Tour 2023.

O domingo continuarán as festas cun novo oficio relixioso seguido da verbena, que nesta ocasión estará a cargo do dúo Venus, que será o encargado de poñer o punto e final as festas.

A organización lembra que haberá carpa no campo da festa.