Skip to main content
ActualidadeMeira

Os traballadores de Leite Celta de Meira comezan unha folga

Por 15 Marzo, 2018Sin comentarios

Os traballadores da fábrica de Leche Celta de Meira, comezaron o pasado luns unha folga para esixir as mesmas condicións sociais e económicas que nas demais prantas de Celta. Tras tres reunións da empresa co sindicato, os 70 traballadores de Meira decidiron non firmar o acordo e convocar unha folga gradual, na que as distintas prantas iranse sumando para facer máis forza, xa que  grupo Celta ten catro en España, en Ávila, Santander, Meira e Pontedeume.

Según informa a CIG, sindicato maioritario, “so reclamamos as mesmas condicións económicas, xa que por exemplo na planta de Pontedeume, tras tres semanas de folga, xa lograron firmar un covenio propio cunhas diferenzas económicas salientables, e sé en salario base a diferenza chega a un 12% do bruto anual, ademáis dos complementos” di a CIG. O representante sindical tamén denunciou ademais que a empresa só se mostrou disposta a sentarse a falar “cando anunciamos a convocatoria de folga”. Na pranta de Santander pararán o 26 e 27 de marzo e na de Ávila comezarán coa folga para a semana que vén. Hai un apoio común entre todas as fábricas, e catro persoas de Ávila viñeron á folga de Meira do pasado luns.

O parón do luns foi de 4 horas, 2 horas o turno de mañá e 2 o de tarde. A folga será de forma gradual, a segunda semana serán dous días de paron, previsiblemente os días 19 e 20, a semana seguinte constará de 3 días e así sucesivamente, para incrementar a presión. E previsible que se chegue as tres semanas de folga.