Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXACultura LUGOXAMonforte

Francisco Conde lidera a lista do PP ao Congreso pola provincia de Lugo

Por 12 Xuño, 2023Sin comentarios

O vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde liderará a lista dos populares en Lugo ao Congreso para as próximas eleccións xerais

Esta situación obrigará ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a facer cambios no seu equipo de goberno e nomear a un novo responsable de Economía, Industria e Innovación, xa que a Lei do Réxime Electoral Xeneral establece a súa inelixibilidade se se mantén no cargo.

Conde foi un dos homes de confianza de Alberto Núñez Feijóo durante a súa etapa como presidente da Xunta de Galicia. Moitos o ven dentro do Goberno de España si se produce un cambio de Goberno no mes de xullo.

Francisco Conde, natural de Monforte de Lemos, foi nomeado conselleiro de Economía en 2012, tras a segunda vitoria electoral de Feijóo, aínda que antes, desde 2009, figurara como asesor.

En maio de 2022, cando Feijóo marchou a Madrid e Alfonso Rueda converteuse en presidente da Xunta, Conde foi nomeado tamén vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia.