Skip to main content
Begonte

Gaibor celebra esta fin de semana as festas patronais

Esta fin de semana volven as festas patronais a Gaibor, en Begonte, na honra de San Xosé.

O sábado 7 dará comezo a celebración con misa solemne e sesión vermú que estará a cargo das orquestras Acordes e Galilea, que tamén se ocuparán da verbena pola noite.

O día 8 a festa rematará coa sesión vermú, que estará amenizada por Alma Latina.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.