Skip to main content
Lugo

Gala benéfica a prol da investigación sobre enfermidades raras

Por 6 Xullo, 2021Sin comentarios

O vindeiro xoves 8 de xullo celébrase unha gala benéfica no hotel Méndez Núñez da capital luguesa para recadar doazóns a prol das novas liñas de estudo en peixe cebra sobre as causas que orixinan os defectos conxénitos de glicosilación (CDG) a través do proxecto Pelayo e o peixe cebra axudan na investigación das enfermidades raras. Esta iniciativa de I+D xa suma máis de 20.000 euros de doazóns a través da plataforma de crowdfunding www.precipita.es da Federación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

O evento solidario programado desenvolverase a partir das 20.00 horas e consistirá nunha cea benéfica na terraza do hotel Méndez Núñez, á que seguirá un espectáculo de ilusionismo a cargo do Maga Rafa, así como a actuación ao vivo da monologuista Carmen Méndez e o DJ Aleks Kaiser.

As persoas que acudan á gala contribuirán cunha doazón de 40 euros a esta iniciativa a prol da investigación sobre enfermidades raras. O público interesado xa pode formalizar a súa reserva para o evento de carácter benéfico a través dos números de teléfono 982 230 711 ou 617 280 217.