Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Gandería da Morena levouse cinco galardóns na Feira do Gando de Friol

Por 24 Setembro, 2023Setembro 25th, 2023Sin comentarios

Gran éxito de público e de gando nesta nova edición da Feira do Gando Vacún de Carne de Friol. A Gandería da Morena fíxose co premio ao mellor lote, acaparando o primeiro premio tanto en femias como en machos menores de 8 meses. Tamén se levou o segundo en vacas e o terceiro en touros.

Tamén se levou catro galardóns a gandería de Óscar Santos Buján, co primeiro e o terceiro en vacas e en femias de 8 a 24 meses, ademais do segundo en machos menores de 8 meses.

Outra das ganderías máis galardoadas foi Penín Puente, que recibiu o primeiro premio en machos de 8 meses a 24, o mesmo que en touros e o segundo tanto en novillas.

O terceiro posto en machos, dos dous grupo de idade foi para María Luz Penín Rouco e Gandería Santalla levouse outros dous en machos e un en femias.