Skip to main content
Axenda CaducadaO Corgo

Gando vacún e cabalar encherán O Corgo a fin de semana

Por 12 Xuño, 2022Xuño 19th, 2022Sin comentarios

O concello do Corgo celebrará, a vindeira fin de semana, o día 18 de xuño, o XXXV concurso e a XCVII subasta de gando vacún selecto de Raza Rubia Galega. O recinto feiral acollerá tamén, o 19 de xuño, a XXV Feira do Cabalo de Adai.

O gando vacún será o protagonista, o sábado 18 do concurso e da subasta. A Deputación de Lugo e ACRUGA colaboran con esta actividade que terá unha axuda para a compra de 200 euros para femias e 300 euros para machos.

O evento cabalar acollerá un gran espectáculo de doma natural, a cargo de Santi Serra. Asemade, se procederá á compra – venda de exemplares. A xornada estará amenizada pola Charanga DGT.