Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Gerardo Criado toma posesión como xefe territorial na Xunta

Por 14 Decembro, 2020Sin comentarios

Gerardo Criado toma posesión como xefe territorial na XuntaGerardo Criado Guizán tomou posesión esta mañá como novo xefe territorial en Lugo de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta, Javier Arias.

Gerardo Criado, licenciado en Veterinaria, ten unha dilatada traxectoria na xestión pública, na que destaca o paso pola alcaldía da súa Vilalba natal, entre 2005 e 2016, e posteriormente como senador durante unha lexislatura.

O xa novo xefe territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo asegurou trala toma de posesión que “trátase dunha etapa ilusionante e como calquera novo reto, tamén apaixonante, cun novo traballo no que unha vez máis póñome ao servizo dos veciños e veciñas de Lugo”. Entre as moitas funcións que levará a cabo no seu novo cargo, Criado Guizán fala con entusiasmo de “traballar nunha administración que está preto dos cidadáns, cun funcionamento cada vez máis áxil, eficaz e próximo”. Insiste neste aspecto e comenta que “a Xunta de Galicia está a dar un paso máis aló na axilización da burocracia e dos trámites administrativos, en beneficio dos cidadáns. É un novo impulso ás políticas do Goberno Galego, tan importantes en calquera etapa, e que a longo prazo permitirán saír airosos desta crise que estamos a vivir”.