Skip to main content
Foz

Horarios e lugares do punto limpo móbil de Foz para abril e maio

Por 3 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Foz ven de comunicar que nos meses de abril e maio o punto limpo móbil estará en diferentes puntos. Poden depositarse: pilas, aceites vexetais, aerosois, lámpadas, verniz, pintura, pequenos electrodomésticos, xoguetes, roupa e calzado.

Lembran que o servizo de recollida domiciliaria continúa co seu funcionamento, previa anotación no departamento de Medio Ambiente 982 133 159.

  • Forxán (43.577120, -7.276633) a carón de Carpintería Metálica. Ata o 4 de abril.
  • Marzán (43.576611, -7.269371) a carón do pavillón Torques de Marzán. Do 5 ao 11 de abril.
  • Vilaxoane (43.563092, -7.272023). Do 12 ao 18 de abril.
  • Mañente (43.552445, -7.265705) área estrada xeral. Do 19 ao 25 de abril.
  • A Espiñeira (43.541065, -7.273096) campo da Feira. Do 26 de abril ao 2 de maio.
  • Vilaronte (43.547701, -7.285715) zona da igrexa. Do 3 ao 9 de maio.
  • O Caritel – San Martiño (43.560604, -7.301994). Do 10 ao 16 de maio.
  • Ver – San Martiño (43.544723, -7.316014). Do 18 ao 23 de maio.
  • A Ermida (43.528249, -7.328555) a carón da capela. Do 24 ao 30 de maio.