Skip to main content
Guntín

Humanizar o campo da feira de Grolos, un aparcadoiro e renovar a área recreativa: as últimas apostas do Concello de Guntín

Por 4 Marzo, 2024Sin comentarios

Guntín aposta por mellorar o municipio coa execución de varias obras. Entre elas atópase a humanización do campo da feira de Grolos, no que se organiza o mercado cada mes; a creación dun novo aparcadoiro e a rexeneración da área recreativa. Por outra banda, están a avanzar na reforma da praza da Igrexa da man dos traballadores que participaron na formación do obradoiro de emprego.

Estas actuacións súmanse ás obras de mellora das infraestruturas que compoñen todo o seu concello para facilitar a vida da veciñanza da súas 31 parroquias. As actuacións son practicamente continuas nos camiños de todos os núcleos de poboación, como os traballos de mellora e acondicionamento das pistas de Montouto e As Pereiras, na parroquia de Sirvián.