Skip to main content
ActualidadeBegonteFriol TERRACHÁXA

Imaxes do Nadal abre en Friol

Por 3 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Grupo Fonmiñá, coa colaboración do Colectivo Egeria, acolle no centro sociocultural de Friol a mostra Imaxes do Nadal. Esta mostra está organizada polo centro cultural José Domínguez Guizán dentro dos actos do Belén de Begonte, e co apio do Concello de Friol.

A mostra, que abriu o día 2 poderá visitarse durante dúas semanas na súa ubicación ata o 13 de xaneiro de 9.00 a 14.00 horas. Está conformada por un total de 32 fotografías relacionadas con temas do Nadal e que foron realizadas por nove membros do Grupo Fonmiñá.

Así, poden verse obras de Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Fernández *Ónega, José Manuel Guisasola, Gerardo L. Méndez e Higinio Flores.