Skip to main content
ActualidadeMeira

Leite Celta inicia tres días de folga ininterrompida

Por 3 Abril, 2018Sin comentarios

Os traballadores de Leite Celta de Meira inician o mércores 4 de abril tres xornadas continuadas de folga, que se prolongarán ata o sábado 7 de abril tras non conseguir chegar a un acordo coa empresa tras as últimas reunións celebradas entre ambas as dúas partes.

Os traballadores iniciaron as súas protestas o 12 de marzo co obxectivo de conseguir equiparar as súas condicións económicas e laborais ás dos seus compañeiros da pranta de Pontedeume. De todos os xeitos, tamén están con mobilizacións nas sedes que Leite Celta ten en Ávila e Santander.

A folga deu comezo con paros puntuais a determinadas horas e días pero foi recrudecéndose a medida que a situación non conseguía mellorarse. O normal son paros de dúas horas en cada turno. Son destacables as manifestacións polas rúas de Meira que teñen lugar os luns e nas que participan unha gran parte dos folguistas.

Son 70 os traballadores afectados os que pararán de forma continuada durante tres xornadas. Esperan que esta medide cause unha situación insostible na empresa e que a obrigue a negociar.