Skip to main content
Barreiros

Lucus Ensemble pecha o programa do Día da Muller en Barreiros

Por 24 Marzo, 2022Sin comentarios

Este domingo 27 de marzo, a agrupación musical lucense, Lucus Ensemble, ofrecerá o concerto Notas Femininas no que repasará o papel da muller na historia da música.

A concellería de igualdade do Concello de Barreiros pecha así o ciclo de actos organizados este mes de marzo adicados á muller dentro do programa Barreiros con M de Mulleres.

A actuación terá lugar ás 19.00 horas nos colexios vellos de San Miguel con entrada libre e ata completar aforo.