Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Marta Basanta da óptica Alain Afflelou de Burela: “É importante usar gafas de sol para protexerse dos raios UV”

Por 19 Xullo, 2020Sin comentarios

Marta Basanta Fernández está ao fronte da Óptica Alain Afflelou de Burela.

Canto tempo fai que abriron ou se asentaron na Mariña?

Fixemos a inauguración de Alain Afflelou Burela o 3 de maio de 2008, foi o primeiro establecemento desta marca que se abriu na Mariña.

Que zonas abraguen?

A zona é moi amplia, pero ao noso establecemento vén xente desde O Vicedo ata Ribadeo.

Que servizos ofrecen? Cales son os máis demandados?

Os servizos que ofrecemos en Alain Afflelou Burela abranguen desde os exames oftalmolóxicos completos, adaptación de lentes de contacto ata tratar estrabismos, ollos vagos, perda de acomodación a través da rehabilitación visual. As revisións de vista son os servizos máis demandados, as cales débense facer cada dous anos en caso de adultos e cada seis meses en caso dos máis pequenos.

Algún proxecto de cara ao futuro, como a expansión a outro Concello, ou ampliación das tendas?

Pola miña cabeza pasou moitas veces abrir noutro Concello da Mariña, pero ao final rexéitoa por falta de tempo para implicarme ao 100% nese proxecto. Senón tería que delegar nunha persoa de moita confianza.

Traballan só con marcas de Afflelou?

Na nosa tenda abarcamos todo tipo de marcas, non só a nosa propia da franquicia. Aínda que as de marca propia cada vez teñen estilos máis actuais e calidades superiores.

É importante estar respaldado por unha marca mundialmente coñecida?

Desde que me embarquei como empresaria nesta franquicia de Alain Afflelou Óptico, só teño loubanzas para eles. Xa que desde o primeiro momento fixéronme sentir como unha máis e estamos sempre en continua renovación e aprendizaxe.

Contades con algunha promoción de cara ao verán?

Neste tempo temos o Especial Tchin-Tchin Verano no que pola compra da túa primeira gafa graduada e por un euro máis levas a segunda gafa para ti graduada e tamén e terceira para quen ti queiras.

Ademais contamos co Tchin-Tchin Sol, que consiste na compra dunha gafa de sol de calquer marca, e por esa compra e por un euro máis lévaste a segunda gafa de sol da marca Afflelou.

Como lle afectou á empresa a situación sanitaria creada polo coronavirus?

Estivemos atendendo tan só as urxencias, e as duas rapazas que traballan aquí acolléronse a un Erte e viña tan só eu. Sobre as precaucións houbo que ter moito coidado co uso das máscaras e no tema do distanciamento ao igual que nunha moi boa hixiene das mans.

Cales son os principais coidados ou recomendacións á población?

É moi importante utilizar gafas de sol para protexer a retina fronte os raios UV, pero tamén un novo tratamento que saíu para os cristais que leva engadida a protección UV nas gafas graduadas que é o Blue Block, tamén nos protexe frente os ordenadores, móbiles e todas as novas tecnoloxias.