Skip to main content
Lugo

Meilán inicia cunha churrascada as súas festas patronais

Por 22 Xullo, 2023Xullo 24th, 2023Sin comentarios

A parroquia de Santiago de Meilán celebra desde o luns as súas festas patronais, que se iniciarán cunha churrascada popular gratuíta a partir das 22.00 horas.

A continuación, terá lugar unha verbena na que actuarán Los Españoles e a disco móbil La Duendeneta.

O martes 25 arrancarán as celebracións cun pasarrúas de música tradicional, ao que seguirá a misa solemne e a procesión. A sesión vermú e a verbena estarán a cargo de Acordes.

Pola noite haberá unha exhibición de baile latino de Aitor Castro e Cristina Lago e un espectáculo pirotécnico. Ademais, tamén haberá na sesión vermú o sorteo de rifas.

O mércores 26 continuarán as celebracións de novo con misa ás 13.00 horas e será a sesión vermú do dúo Eclipse o ponga o remate ás celebracións.