Skip to main content
Sarria

Mellorouse a iluminación no exterior da Igrexa de San Salvador de Sarria

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

A iluminación da igrexa de San Salvador de Sarria vén de ser mellorada a través dun proxecto de mellora da iluminación exterior do edificio por parte do Concello de Sarria.

Esta actuación está financiado a través dun convenio para a mellora paisaxística e promoción do Xacobeo no Camiño Francés, asinado coa Axencia Turismo de Galicia e coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.

Con estas melloras, os peregrinos que cheguen ou partan de Sarria pola noite, poderán chegar a un sitio referente no Camiño e iluminado, para poder velo de forma axeitada.