Skip to main content
Lugo

Mobilidade retirará 25 vehículos abandonados da rúa

Por 20 Febreiro, 2023Febreiro 22nd, 2023Sin comentarios

Durante os vindeiros días comezarán a retirarse os vehículos abandonados das rúas da cidade segundo anunciou o tenente alcalde Rubén Arroxo. Trátase dun total de 25 vehículos, que serán trasladados nos vindeiros días ao depósito municipal, “o que permitirá mellorar a seguridade e a imaxe dos espazos públicos, dado que algúns destes vehículos atópanse desmantelados”.

Esta medida, reclamada pola veciñanza das zonas afectadas, e baseada nos informes da Policía Local, ten como obxectivo mellorar a imaxe de Lugo, e facilitar o aparcamento, coa liberación das prazas ocupadas.

Para que un vehículo se considere abandonado, a lexislación actual indica que debe permanecer estacionado no mesmo lugar por tempo superior a un mes, e presentar desperfectos que lle impidan desprazarse con autonomía. As e os propietarios destes vehículos poderán reclamalos no depósito municipal unha vez reciban a notificación emitida polo Concello.