Skip to main content
Vilalba

Modesto Renda anuncia en Oleiros a mellora de varios camiños

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

O tenente alcalde de Vilalba Modesto Renda anunciou en Oleiros a mellora da vía que une O Carboeiro e Vilariz e explicou tamén a obra de renovación e mellora do que une os barrios de Liñares, Gardamil e Cabanas que comezará en poucos días.

Nesta xuntanza, fixouse de común acordo cos veciños/as a mellora da vía que une a parroquia con Cospeito como seguinte prioridade e tomouse nota das diferentes demandas dos presentes.

É por isto que, onte luns ás 12,30h, o tenente alcalde volveu á parroquia para contrastar cos veciños e veciñas o estado de diferentes camiños e vías de titularidade municipal.