Skip to main content
Sarria

Sarria homenaxea a Elías Valiña Sampedro cun mural

Por 12 Decembro, 2022Sin comentarios

Os sarriaos xa poden desfrutar dun mural en homenaxe ao fillo predilecto de Sarria, Elías Valiña Sampedro, que xa se pode ver no edificio dos números 19-21 da rúa Benigno Quiroga.

Este sacerdote e escritor nado na parroquia de Santa María de Lier (Sarria) foi o grande impulsor das peregrinacións a Santiago de Compostela a través de Sarria.

Grazas a el, púidose recuperar e revitalizar tanto o Camiño de Santiago como o concello. Así conseguiu tamén o recoñecemento de valedor do camiño.

O Concello de Sarria amosou a través das redes sociais a ledicia que é para todos os veciños de Sarria esta obra encargada a Diego Anido, máis coñecido como Diego AS.

Esta composición artística en pintura é un motivo máis para valorizar a vila.